Asemblea día 31

A Asemblea de Anova de Chantada, reunida no día de hoxe, acordou:

1. Transmitir á Coordinadora Nacional de Anova – Irmandade Nacionalista o acordo unánime de apostar por unha fronte electoral ampla para as eleccións autonómicas do 21-O. En coincidencia coa proposta transmitida polo Portavoz Nacional de Anova na rolda de prensa da véspera, a proposta debe de ser aberta e incluínte de todos os cidadáns e movementos sociais que aposten por a unidade de acción fronte ás políticas antisociais e antigalegas do PP, e aberta e incluínte de todos os grupos políticos que asuman a defensa efectiva da maioría social e o dereito de Galiza a decidir.

2. Recomendar que na comunicación coa cidadanía se poña o maior énfase nas propostas positivas en favor da inmensa maioría social.

3. Mostrar a confianza e facultar á Coordinadora Nacional para que materialice o acordo máis amplo posíbel na seguridade de que o fará en congruencia coas propostas programáticas aprobadas na Asemblea Constituínte de Anova 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s