Comunicado ante o adianto electoral

Dende a páxina principal, á que se pode acceder premendo aquí. Escríbese o seguinte no tocante ás vindeiras eleccións convocadas para o 21 de outubro:

Confirmada a submisión de Feijóo ás directrices de Madrid convocando as eleccións ao Parlamento Galego para o 21 de outubro, Anova – Irmandade Nacionalista manifesta o seguinte:

1. Anova augura a fin da Brigada de demolición que representou e representa a Xunta do PP instalada en San Caetano. 

2. Feijóo viuse forzado a convocar eleccións no seu peor momento, cando a cidadanía está máis mobilizada contra tres anos de desgoberno e medidas contra a calidade de vida da maioría social e o TSXG vén de poñer en evidencia o uso espúreo do poder para entregar as autorizacións eólicas aos seus amos.

3. O PP non se podía permitir sufrir antes das eleccións galegas unha nova desfeita nas eleccións vascas tras do acontecido na Andalucía. Rajoy manda Feijóo obedece.

 

Advertisements

ASEMBLEA LOCAL. VENRES 31

20:30 horas. Edificio Servizos Sociais, 4º andar.

ORDE DO DÍA:

1.Eleccións ao Parlamento de Galicia. Escenario e estratexias a nivel nacional e local…
Diante da situación de auténtica emerxencia nacional: ataque sistemático aos dereitos e ás liberdades cívicas, a continua agresión económica ás maiorías sociais por parte do poder económico do capital financeiro e dos seus axentes en forma de partidos do sistema e gobernos submisos ao seus intereses, a Coordinadora Nacional de ANOVA na súa xuntanza de 4 de agosto de 2012, acordou propoñer ás Asembleas Locais ou Comarcais o inicio dun debate, a celebrar ao máis tardar na primeira semana de setembro, previo a unha nova xuntanza desta Coordinadora , no que:
a. Se valore a necesidade de propoñer á sociedade civil unha unidade de acción de toda a cidadanía, articulada ou non en forzas políticas nacionalistas e de esquerda ou en movementos sociais ou sindicais, co obxecto de facer fronte a estas agresións.
b. Se acheguen os posíbeis contidos programáticos comúns, a maiores dos especificados na asemblea constituínte de ANOVA, que poderían constituír o corpo do denominador común para esa unidade de acción.
c. Se acheguen criterios para establecer o carácter, o campo e as estremas, e o alcance desta unidade de acción táctica , incluída a hipótese dunha fronte electoral popular ampla cara as eleccións lexislativas galegas.

2. VARIOS