FORO DA MOCIDADE GALEGA

 

O contexto actual é ostil ó futuro da nosa xeración. As políticas dictadas polos poderes políticos e financieiros non teñen outro obxectivo que perpetuar no tempo unhas diferencias socias que nos perxudican á inmensa maioría dos mozos e mozas deste país. Por iso fai falla reaccionar, por iso fai falla por enriba da mesa o que a mocidade galega quere, opina e propón!

Deste xeito, coa mellor das vontades e cun carácter absolutamente aberto e independente o Foro da Mocidade Galega busca debatir sobre propostas concertas para temas concretos. Busca ser un punto de unión entre diferentes. Pero diferentes que comparten intereses no plano social e no plano identitario, é dicir, comparten a esquerda e a nación.

Os mozos e mozas que ides participar este sábado 21 no Foro da Mocidade Galega en Santiago de Compostela, podedes acceder a todo tipo de información referente ó mesmo no blogwww.forodamocidadegalega.blogaliza.org . 

A partires do que alí atopedes podedes enviar as vosas emendas, propostas, suxerencias… ó mail forodamocidadegalega@gmail.com

Todos os debates e propostas que se den durante todo o día serán recollidas e feitas públicas. Esta publicación está encamiñada a ter en conta o carácter aberto e independente do Foro da Mocidade Galega. Porén, tal carácter non exclue a existencia de actores políticos previamente organizados. Estos actores son fundamentais no devir político da nosa nación e polo tanto, deberán ser coñecedores de primeira man do que do Foro emane.

Agardamos vervos no Hotel Virxe da Cerca este sábado 21. Ademais, tamén teremos comida, non todo vai ser debatir e debatir, será en Casa Fina, por un prezo máis que razoable que rondará os 7€.

Advertisements

Concentración en Chantada

O vindeiro xoves 19 de xullo está convocada una concentración en Chantada para protestar en contra xa non dos últimos recortes do governo de Madrid, se non en contra do que palpablemente é unha aberta hostilidade en contra do pobo e dos seus intereses comunitarios.

É por iso que dende aquí queremos expresar o noso apoio esta concentración así como animar a todo o mundo a participar. Xa que aínda que haberá moitas outras no resto do país, en Chantada non podemos quedar atrás.

Botamos a andar

Aquí dá comezo o blogue de ANova Irmandade Nacionalista, nacida o día 14 de xullo. Con este blogue pretendemos dar a coñecer os pasos que se van ir tomando na nosa comarca así como crearmos un faro de expresión para todo aquel que se nos queira unir.

Con todo podedes acceder aos contidos anteriores do blogue antigo a través desta ligazón.

Así mesmo animámosvos a que nos acheguedes ideas para mellorar día a día os contidos e a forma dun blogue que agardemos sexa de todos.